3 Apps de IA que deberías incorporar no teu traballo

Aínda non te animaches a usar a IA na túa empresa? 🤖

Hoxe traémosvos as mellores aplicacións de Intelixencia Artificial que recomendamos integrar nos vosos proxectos de traballo.

Synthesia

Synthesia é unha plataforma de xeración de vídeos que che permite crear vídeos rapidamente con avatares de IA en máis de 120 idiomas. Inclúe modelos, un gravador de pantalla, unha biblioteca multimedia e moito máis.

Debes seleccionar o actor que aparecerá no teu vídeo ou crear o teu propio avatar, escoller o idioma e personalizar aspectos como o fondo, texto, imaxes, música, entre outros. Despois, debes escribir o guión do que o avatar debe dicir e esperar a que a ferramenta faga o resto.

 

Market Muse:

Market Muse é unha ferramenta de IA que está deseñada especialmente para estratexias de contido. É capaz de facer auditorías de contido de forma automática, levando menos da metade do que se necesita para facelo manualmente.

Pode axudarche a saber que contido funciona para a túa empresa e o que non, dun xeito moito máis rápido e baseado en datos. Ademais, tamén che axuda a optimizar o contido antigo xa publicado para facelo máis atractivo para os novos algoritmos de busca e posicionamento.

 

Aiva:

Necesitas música personalizada para o teu proxecto audiovisual?
Aiva é un compositor que utiliza algoritmos para crear esa canción que non podías atopar nun banco de sons. Esta ferramenta é útil para atopar a canción específica que require o teu proxecto.

Cada tema que fagas é único porque es ti quen decides o xénero, o estilo e a emoción a
transmitir.

 

LiveChat:

LiveChat é un chatbot que se integra no teu sitio web para axudar aos clientes cas preguntas máis frecuentes e reducir a carga de traballo do teu equipo de atención ao cliente.

Fórmase con documentos propios da organización para non responder de xeito xenérico, senón segundo os parámetros da organización. Non se necesitan coñecementos de programación para implementalo, xa que é moi sinxelo. Ademais, funciona en calquera idioma.

 

DALL-E:

DALL-E é unha aplicación de intelixencia artificial creada polos mesmos creadores de ChatGPT. Xera imaxes a partir dos conceptos que pidas, desde emoticonas ata cadros realistas.

Ademais, podes indicar o estilo que queres e tamén subir as túas propias fotografías para facer modificacións que lle dean toques artísticos. Así que, se te dedicas ao mundo audiovisual, quizais che axude a crear esa imaxe extravagante que che pasou pola cabeza.