As últimas novidades sobre o Kit Dixital son boas tanto para emprendedores autónomos coma para grandes empresas.
As principais novidades, xa publicadas no BOE e no sitio web de Red.es son:
1. Autónomos e empresas de menos de tres empregados poderán pedir o seu bono do Kit Dixital ata 3.000 euros de axuda. As que xa obtiveron o bono de 2.000 euros, poderán solicitalo de maneira retroactiva.
2. As empresas de máis de 50 empregados tamén poderán pedir os seus a Red.es. Estaban excluídas ata agora. Poderán optar a axudas de 25.000 euros. Se teñen entre 100 e 250 empregados, as axudas poderán chegar aos 29.000.
Os beneficiarios das axudas do Kit Dixital de Red.es poden empregalas para desenvolver diferentes solución: sitio web, xestión de redes sociais, presencia avanzada en internet… Coas novidades do Kit Dixital de maio de 2024 tamén poden optar pola solución denominada Posto de traballo seguro. É unha das novidades do Kit deste 2024 e permitirá acceder a autónomos e pequenas empresas de menos de tres empregados a un ordenador.
Orestes Comunica é axente dixitalizador. Dende Pontevedra, no último ano desenvolvemos proxectos relacionados co Kit Dixital para autónomos e empresas de Galicia e diferentes partes de España. Podes coñecer algúns destes traballos na parte de Proxectos deste sitio web.
As novidades do Kit Dixital acaban de ser públicadas no BOE. Á hora de escribir este post descoñécense detalles importantes: o principal, o día exacto no que poderán solicitarse os novos tipos de axuda. Red.es anuncia que será moi pronto, no mes de xuño.
Queres saber máis? Ponte en contacto con Orestes Comunica. Xestionamos o teu bono sen custe. E desenvolvemos a túa solución para o Kit Dixital.