O Festival de Cans é unha das grandes citas do sector do cinema e o audiovisual en Galicia dende hai dezasete anos. Orestes Comunica (OC) sumouse este ao equipo do evento: asumimos a xestión da comunicación, da relación cos medios, o clipping, a elaboración do dossier do Festival, e a promoción online.
Foi unha edición moi especial do evento: por unha parte, mantivo e mesmo ampliou programación. Por outra, reduciu radicalmente espazos e adoptou estritas medidas de prevención e control da Covid19. Contalas era un dos retos.
En dous meses, emitimos 22 notas de prensa . Atendemos a medios locais, galegos e estatais. Xestionamos entrevistas con directores e directoras, intérpretes… E, sobre todo, puidemos traballar da man da Asociación Cultural Arela, do Porriño, que promove un dos festivais máis auténticos e interesantes de todos os festivais posibles.