
Foi unha edición moi especial do evento: por unha parte, mantivo e mesmo ampliou programación. Por outra, reduciu radicalmente espazos e adoptou estritas medidas de prevención e control da Covid19. Contalas era un dos retos.
En dous meses, emitimos 22 notas de prensa . Atendemos a medios locais, galegos e estatais. Xestionamos entrevistas con directores e directoras, intérpretes… E, sobre todo, puidemos traballar da man da Asociación Cultural Arela, do Porriño, que promove un dos festivais máis auténticos e interesantes de todos os festivais posibles.