Tesla elimina o seu departamento de Relacións Públicas e José Manuel Velasco, seguramente unha das voces máis autorizadas en materia de reputación e comunicación corporativa a nivel global, volve sobre os (des)equilibrios e o debate entre a comunicación e o marketing. Faino nun interesante post no seu blog, Fábulas de Comunicación. Dende a perspectiva da comunicación, claro. Foi hai poucos días. Pero é un debate que ven moi de vello.
En Orestes Comunica cremos que todo suma. Todo comunica. E a función, en ambos os casos, é comunicar, determinar relación con públicos –clientes, medios, colaboradores,…-, reclamar atención. Atraela.
A comunicación e o marketing son dous campos de traballo ben diferenciados que obedecen a distintas razóns, lóxicas e tradicións. Pero deben partir dunha mesma estratexia.
O feito é que o posicionamento dunha organización ante o seu público constrúese, entre outos factores, tanto a partir do marketing coma dende a comunicación. Se falásemos de pesca, poderiamos pensar nesa arte antiga do arrastre en parella, na que participan dous barcos que tiran dunha mesma rede. O barco do marketing está especializado, coma ben sinala Velasco no seu post, en conseguir uns resultados fundamentais e de prazo curto. O barco da comunicación achégalle a unha organización moitos dos atributos que configuran a súa personalidade, o seu posicionamento. É un traballo, en moitos dos casos, de medio e longo prazo.
A xestión das redes sociais no das empresas é un exemplo perfecto da necesaria integración dunha visión de 360 grados construída a partir dunha soa estratexia. A conversión dos own media en auténticas comunidades que xeren valor para as organizacións depende de tres factores:
É diálogo e relación con públicos. É algo propio das redes sociais? En absoluto. É algo propio da relación entre as organizacións e os seus públicos actuais e potenciais: escoitar, atender, contar, promover, vender,… sempre foi o mesmo.
Cal é a solución? Unha ollada bifocal –comunicación e márketing- e unha soa estratexia. Porque todo comunica.
© 2025 Orestes Comunica S.L. Boutique de Comunicación e Márketing. Todos os dereitos reservados.