Darío Janeiro

SOCIO DIRECTOR

Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, MBA por IESIDE (anteriormente Escola de Negocios Caixanova) e Máster Oficial na Sociedade da Información pola UOC.

Ademais de acompañar aos nosos clientes en OC, actualmente ocupo o cargo de director xeral do dominio PuntoGal (www.dominio.gal), son profesor na facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela e secretario da Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (www.xornalistas.gal).

 

Nestes anos tiven a ocasión de traballar en distintos medios de comunicación -dende o Grupo El Correo Gallego ata o Grupo Zeta en Madrid- pero tamén en proxectos de contidos e tecnolóxicos para todo tipo de empresas e institucións dende a Dirección de Contidos de Cinfo (www.cinfo.es). Se queres, podes ver a miña traxectoria completa en LinkedIn.

Cando teño tempo libre, viaxo. E leo libros de historia. Luces longas e mirando cara adiante.

Podes seguirme en Twitter ou botar unha man aquí, se tes ocasión.