son relacións, non impactos

Estratexia Dixital, Web e Redes Sociais

Cóntanos a túa estratexia e os teus obxectivos. E entremos en contacto dos teus públicos.

Campañas en Google, Facebook, Instagram, e-mail, publicidade localizada e segmentada en función de hábitos, de buscas ou ubicacións nas que estivo o teu potencial cliente

Máis de 20 anos deseñando e dirixindo produtos web e de márketing dixital. Agora dende Orestes Comunica.Traballamos cunha ampla rede de colaboradores especializados para darche a solución exacta.

Vai de vender. Ou de facer branding. Non é un xogo. Non vai de ser simpático. Vai de obter resultados.

Traballamos con contidos orgánicos e contidos promocionais e campañas.

Cada unha das ferramentas de márketing online que tes au teu dispor cumpre unha función: branding, awareness, captación, relación cos teus clientes… Traballa con elas de forma estratéxica.

Chega a audiencias de nicho a través de influencers, os novos embaixadores da túa marca. Faino dun xeito creativo. Traballa con estratexia. Obtén resultados.

Os teus produtos, e os teus servizos, cóntanse nos teus contidos. Redacción, deseño, fotografía, vídeo 3D… Os teus contidos atraen os teus públicos. Os teus contidos preséntante ante o mercado. Os teus contidos constrúen relación.

Unha web usable, amable, é coma unha tenda física na que o teu cliente está a gusto, sabe intuitivamente onde está cada cousa, desfruta da experiencia. Somos expertos en usabilidade. Retén aos teu clientes na túa páxina. O segredo é a usabilidade.