Estratexia e relato, alí onde comeza a comunicación

Non hai unha solución única. Nin a publicación dunha nova no espazo máis destacado no medio máis importante, nin un post triunfador nas redes sociais. Todo comunica. Non é cuestión de soportes, nin de mensaxes, nin de linguaxes. O que marca a diferenza está na estratexia. E na coherencia da estratexia con catro factores:

– o posicionamento de partida ante os públicos obxectivos

– a realidade operativa

– o lugar no mercado

– a visión

O equipo de Orestes Comunica ten case 20 anos de experiencia no deseño de estratexias de comunicación en diferentes países e sectores. E con moi distintos obxectivos e públicos: dende as audiencias da comunicación financieira, tan limitadas e tan trascendentais para algunhas empresas, a públicos masivos de empresas que xestionan servizos públicos para millóns de clientes en entornas de negocios altamente regulados.

Non deixamos de aprender, porque case todo cambiou. Pero hai algo que permanece inmutable: a comunicación dunha organización segue a ser unha cuestión de escoitar, de falar, de medir, de corrixir, de innovar, de sorprender. E debe basearse nun relato sólido e coherente.

É a partir do relato que unha organización proxecta a súa personalidade ao relacionarse coa súa entorna. O modelo de comunicación many-to-many que nos trouxo a Sociedade da Información obríganos a diversificar as accións, as tácticas, as maneiras de establecer relacións con cada unha das nosas audiencias: prescriptores, clientes finais, colectivos de interese, provedores, etc. Pero impón tamén unha norma imprescindible: unha soa estratexia e un só relato, un discurso único, coherente coa realidade, e totalmente aliñado coa estratexia xeral da organización.

Así é que entendemos o noso traballo en Orestes Comunica. A diferenza non a fai a elección do soporte, non está entre unha nota de prensa, un evento que nos permita compartir información e opinións con públicos de interese, ou un post coma este. A diferenza está na estratexia. E no relato. Que debe ser único. Baseado tamén na escoita. Pero inexpugnable.

Gústache esta publicación? Compártea cos demais!

Suscríbete ao noso boletín

Collect visitor’s submissions and store it directly in your Elementor account, or integrate your favorite marketing & CRM tools.