Events Marketing

Música, teatro, cultura... achegamos públicos e empresas promotoras de eventos

Story promocional en vídeo. Promoción concerto. Festival Cantos na Maré. Pontevedra.

Dende a creación do dossier, ata a xestión de medios, da publicidade online e offline, ou á xestión das vendas online. En ORESTES Comunica somos expertos na xestión da comunicación e o márketing de eventos.

Nos últimos anos, traballamos para festivais coma Cantos na Maré, concertos de grandes artistas de prestixio internacional coma Tribalistas, ou diferentes eventos culturais. Ademais, por suposto, da xestión do márketing de todos os espectáculos que se presentan no Auditorio Mar de Vigo (2019).   

O resultado é unha experiencia de ducias de campañas online e offline para a promoción de eventos.

Traballamos con empresas promotoras, e con creadoras e creadores ou grupos e colectivos. 

¿Queres saber máis? Envía dende aquí a túa consulta. Fali clique agora.

OS DETALLES DO PROXECTO

OUTROS PROXECTOS