Galería

Soño de Navegante

A partir da revisión dos fondos da Colección de Arte Cubana Contemporánea Luciano Méndez Sánchez, a exposición Soño de Navegante convida a realizar un percorrido pola arte cubana contemporánea do últimos cincuenta anos; transitando por diferentes temáticas, estilos, soportes e autores que se converteron en imprescindibles dentro do escenario plástico da Illa. 

SELIC 2023

SELIC. Festival da Lectura é un encontro de autores e autoras, editoras e librarías cos seus públicos. Un festival que naceu para evidenciar a potencia da literatura en Compostela e a súa riqueza como cidade da lectura.

Nace co obxectivo de satisfacer as demandas e necesidades dos libreiros e editoriais da capital galega, e co reto converterse nunha cita referencial e nun punto de encontro para os públicos literarios en Compostela.

Emocións en perigo

A obra Emocións en perigo de Tim Flach, un dos fotógrafos de animais máis recoñecidos a nivel global, acolle unha selección de 45 retratos de animais en perigo de extinción fotografados como nunca antes os viramos. Flach asegura que con este proxecto trata de «conectar as persoas coa natureza» cun obxectivo: romper as barreiras que parecen levantarse entre os seres humanos e a natureza a través destas escenas.

Acisclo: Sete décadas

A mostra Acisclo: Sete décadas propón un percorrido por toda a traxectoria artística do escultor galego a través das súas obras máis significativas, unha escolma de setenta pezas procedentes de coleccións galegas públicas e privadas.

Na mostra podemos ver pezas de distintos materiais, nos que o autor encontra novas texturas e diferentes posibilidades expresivas.