QUEN SOMOS?

Pancho R. Tristán

SOCIO DIRECTOR

Primeiro fun xornalista. Nunca deixarei de selo. Dende hai case 20 anos, traballo en comunicación corporativa e márketing. Outra forma de contar. Gústame camiñar polas mañás, escribir, descubrir, o deseño, a imaxe, a fotografía. A tecnoloxía. A música. Aprender. E acordar fronte ao mar.

Darío Janeiro

SOCIO DIRECTOR

Traballei en medios de comunicación e empresas tecnolóxicas durante máis de vintecinco anos. Actualmente son o director Xeral do Dominio PuntoGal e profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Cando teño tempo libre, viaxo. E leo libros de historia. Luces longas e mirando cara adiante.

María Bragado

DIRECTORA DE CUENTAS

Son xornalista e saída do forno formeime no mundo da empresa. Traballo en comunicación corporativa dende hai dez anos e eses dous mundos nunca deixaron de entrelazarse. Gústame anticiparme, planear e contar. A música. E sentarme na praia a ler. 

Obsesión polos
obxectivos

Desenvolvemos proxectos para acadar os teus obxectivos. O coidado do relato, do deseño, da redacción, ou a solidez técnica dos desenvolvementos de software están sempre na base de cada servizo que prestamos.

Innovación
e creatividade

Gústanos aprender dos que o fan ben. Dos que estiveron antes ca nós. E do que está por vir. 

Desenvolver sistemas e métodos propios. Para xerar formas diferentes de chamar a atención dos teus públicos.