As tecnoloxías inmersivas levan varios anos nun proceso de desenvolvemento e adaptación. O obxectivo é conxugar as posibilidades dun software complexo coa necesidade básica das persoas de comunicarse, de interactuar, de sentir aos demais e o seu contexto. Moitos lembramos aínda aquelas lentes de 3D pioneiras, normalmente de cartón e en dúas cores (vermello e azul), que filtraban as imaxes e nos permitían facernos a ilusión óptica das tres dimensións, ás veces non sen dificultades.
Esas lentes, creadas no ano 1972, son agora un obxecto vintage e nostálxico, pero lémbrannos un camiño de convivencia entre a evolución e a imaxinación, do daguerrotipo ao mito da caverna de Platón.
A Covid-19 acelerou o proceso de implantación da inmersión en contornos reais. Máis produtos saen da súa fase de I+D para converterse en aliados na nosa vida cotiá. E, invariablemente, da vida profesional. A distancia social e o confinamento puxeron definitivamente en valor as visitas virtuais. Queremos seguir indo aos sitios, estar neles, sentilos dalgunha maneira. En lugares de interese histórico ou turístico, pero tamén nos centros escolares, nos concesionarios de coches, nos comercios de barrio ou nas casas que queremos comprar ou alugar.
Ferramentas integradas
Hoxe en día a imaxe inmersiva inclúe moitas funcionalidades que compoñen unha experiencia efectiva, creíble e agradable para os usuarios. Ninguén se sinte fóra de lugar navegando por un edificio desde a pantalla do ordenador ou do móbil. Iso débese en gran parte á facilidade de uso, pero tamén a elementos adicionais como vídeos, imaxes en 360º, música, interacción vía chat ou videochamada, etc.
O uso comercial destas tecnoloxías está espallándose a un ritmo vertixinoso. No sector inmobiliario, no do comercio minorista, nos museos, nas aseguradoras ou no ámbito educativo. Deixaron de ser unha rareza, un gancho para chamar a atención, para converterse en parte do proceso de obtención de oportunidades de negocio ou de difusión do noso proxecto. Servizos que aínda teñen unha alta capacidade de crecemento da man da innovación pura ou da combinación de tecnoloxías xorden para dar resposta a un mercado crecente e á nosa necesidade de ver máis alá do que permite fisicamente a bioloxía. Estas solucións contan, finalmente, cunha última vantaxe: un prezo cada vez máis axustado que lles permite acceder a elas a moitos máis perfís de negocios.
A combinación de prezos máis demomcráticos e o uso comercial e non decorativo converten ás tecnoloxías inmersivas nunha aposta segura nun momento de incertezas.
En Orestes Comunica traballamos desde o primeiro día con solucións de implantación sinxela e accesible. Cremos na innovación e nos novos formatos para os novos tempos. Se queres máis información, non dubides en escribirnos a info@orestescomunica.com. Mentres, podes ver aquí un par de exemplos con distintos usos:
Clockwise | River House, Belfast
Click para facer o percorrido
Tumba de Wahty | Saqqara, Egipito
Click para facer o percorrido