O MERCADO É O MUNDO
Localización e tradución
Servizo profesional de tradución, para a túa web, redes sociais, e-mail márketing, dípticos, catálogos, materiais promocionais… Tradución oficial.
Adapta os teus contidos aos teus mercados. Outros clientes, outras preguntas. Servizo de localización.

Unha porta aberta ao mundo global
O xermolo de OrestesComunica está en Galicia pero a súa visión é global. As empresas e as institucións precisan crecer en novos mercados, abrir os seus produtos e servizos a clientes que viven a centros ou miles de quilómetros. Para iso é necesario falarlles na súa lingua pero, tamén, entender o proceso de comercialización punto a punto. OC acompaña aos seus clientes na elaboración de contidos en calquera idioma para chegar de maneira efectiva a novas audiencias. Unha tradución adaptada tanto ás necesidades da empresa como ás expectativas dos clientes receptores.
Versionado de páxinas web, mantemento de redes sociais en distintos idiomas, publicidade programática, e-mailing, catálogos, presentacións e calquera outro material de venta debe elaborarse coidadosamente. OrestesComunica realiza a localización lingüística pero tamén a adaptación técnica e de deseño.

Ademais, OC asesora aos seus clientes na súa aventura de internacionalización, dándolle apoio aos equipos directivos e comerciais no estudo de mercado, na análise das mellores accións no mercado obxectivo e no acompañamento integral na aventura necesaria da globalización.
Solicita aquí máis información ou pide un orzamento de tradución no par de idiomas que requira a túa empresa ou entidade.