Eventos post-covid. TerraCeo: un caso de éxito.

Orestes Comunica tivo este verán a sorte de formar parte do equipo do festival TerraCeo en #Vigo, unha aposta pola #cultura #segura promovida polo Auditorio Mar de Vigo. O evento tivo a programación de música ao vivo máis importante en España no verán de 2020. Foron 37 concertos para 400 persoas celebrados ao aire libre, nos 2.000 metros cadrados da terraza superior do edificio. Con vistas ao paraíso das Illas Cíes. A nosa achega foi nos ámbitos da xestión da promoción, a comunidade online e offline, e das vendas.

Mobilizamos 14.000 entradas cunha estratexia de promoción que tivo a súa trabe fundamental nas redes sociais. Acadamos 3 millóns de impresións e 80.000 interaccións. Miles de persoas accederon directamente á taquilla dende os posts nos que se anunciaron os concertos, ou nos que xs artistas convidaban ao público a asistir. Ou nos que anunciabamos que estabamos a piques de pendurar o aviso Entradas esgotadas. Xestionamos, tamén, máis de 220 acreditacións solicitadas polos medios de comunicación para cubriren os concertos.

As comunidades virtuais do auditorio en Facebook e Instagram superan hoxe os 20.000 seguidores, máis do 6.5% da poboación de Vigo, unha ratio que supera amplamente ás de espazos de difusión cultural comparables en cidades coma Madrid, A Coruña ou Porto.

Estamos moi orgullosxs de ter formado parte deste proxecto do Auditorio Mar de Vigo apoiado polo Concello de Vigo. De ser parte dun equipo que conseguiu, no verán máis difícil para a música e a cultura, no tempo estrano de tantos eventos e concertos cancelados, mobilizar 14.000 espectadores. O equipo de TerraCeo tamén recibiu ducias de mensaxes de agradecemento do público pola sensación de seguridade coa que desfrutaron dos concertos grazas ao deseño de prevención da Covid 19 ideado e executado pola Dirección e o equipo de Produción do Auditorio.

A selección por parte do Mar de Vigo do talento de Lalo R. Villar – Estudio Fotográfico e de Vigopolis Ocio de Calidad para traballar na construción de contidos tamén foi fundamental. De Lalo Villar é a foto usada na imaxe adxunta cos datos, feita para as redes sociais do Mar de Vigo. E moitas excelentes fotografías dos concertos das noites de TerraCeo con vistas ao paraíso que se publicaron durante o Festival. Vigopolis rexistrou os concertos, fixo os videos de cada un deles, e traballa nun documental sobre o Festival. O seu vídeo-resume do evento pode verse facendo click aquí.

Gústache esta publicación? Compártea cos demais!

Suscríbete ao noso boletín

Collect visitor’s submissions and store it directly in your Elementor account, or integrate your favorite marketing & CRM tools.