Somos Orestes Comunica

Darío Janeiro

Darío Janeiro

SOCIO DIRECTOR

Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, MBA por IESIDE e Máster Oficial na Sociedade da Información pola Universitat Oberta de Catalunya. Traballei en medios de comunicación e empresas tecnolóxicas durante máis de vintecinco anos. Actualmente son o director Xeral do Dominio PuntoGal e profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.  Cando teño tempo libre, viaxo. E leo libros de historia. Luces longas e mirando cara adiante.

Pancho Tristán

Pancho R. Tristán

SOCIO DIRECTOR

Licenciado en Xornalismo pola USC. Master en Digital Business Management (EAE), Postgrado en Márquetin Online (EAE). Tamén completei o Programa de Desenvolvemento de Liderazgo de ESADETraballei en diferentes medios de comunicación e, dende hai case 20 anos, en comunicación corporativa e márquetin. Gústame camiñar polas mañás, escribir, descubrir, o deseño, a imaxe, a fotografía. A tecnoloxía. A música. E acordar fronte ao mar.