O tour virtual de ‘Soño de Navegante’, xemelgo dixital do día en Tourit.world.

Gústache esta publicación? Compártea cos demais!

Tourit.world naceu hai algúns meses co obxectivo de converterse na primeira plataforma global de percorridos virtuais. Á hora de redactar este post, o mapa do mundo Tourit ofrece xa a posibilidade de percorrer máis de 500 xemelgos dixitais en todo o planeta. O tour virtual que realizamos en colaboración con Afundación para a exposición ‘Soño de Navegante’ foi elixido como tour do día este 26 de agosto. Subscritores de Tourit.world de todo o mundo recibiron hoxe a recomendación de visita.

Orestes Comunica desenvolve xemelgos dixitais. Os seus tours virtuais foron os primeiros que publicados en Galicia e Colombia en Tourit.world. Un dos proxectos da empresa, o percorrido virtual pola Casa de Rosalía de Castro, está entre os máis compartidos da plataforma desde os seus inicios.

A EXPOSICIÓN. A partir da revisión dos fondos da Colección de Arte Cubano Contemporáneo Luciano Méndez Sánchez, a exposición Soño de Navegante convida a realizar un percorrido pola arte cubana contemporánea do últimos cincuenta anos; transitando por diferentes temáticas, estilos, soportes e autores que se converteron en imprescindibles dentro do escenario plástico da illa. A diversidade e riqueza nesta Colección tradúcense na pluralidade coa que se relata a historia pasada e presente: a través da esencia das raíces, da revisitación do “eu”, do soño, e da propia viaxe que supón a identidade.

 

Subscribe to our newsletter

Collect visitor’s submissions and store it directly in your Elementor account, or integrate your favorite marketing & CRM tools.

Do you want to boost your business today?

This is your chance to invite visitors to contact you. Tell them you’ll be happy to answer all their questions as soon as possible.