Abrimos o noso blog: ola mundo!

Unha empresa que se dedica á comunicación ten que comunicar. Non nos gusta a opacidade, agás cando o deseño gráfico dun proxecto require usala. Gústanos ter a porta da tenda aberta, que poidas entrar na nosa boutique e falar con nós sempre que o necesites. Sempre foi así, e agora máis.

Por ese motivo botamos a andar este blog. Para contarvos as cousas nas que andamos traballando hoxe. Pero tamén nas que estamos pensando para o futuro. E para amosarvos como vemos nós a comunicación, o márketing, o comercio electrónico, a localización ou os procesos de internacionalización. Aquí iremos publicando as nosas accións e as nosas reflexións. Para compartir. Para manter con vós unha conversa nesa media hora do café que todos merecemos cada día.

Como en todo proceso comunicativo precisamos a túa opinión. Podes escribirnos para suxerirnos un tema, para pedirnos que falemos en máis detalle dalgún proxecto ou para preguntarnos, sen compromiso, por calquera dos productos ou servizos de Orestes Comunica. Só por falar.

O noso primeiro post é un ola mundo! ao estilo do que todos os programadores queren conseguir amosar na súa pantalla a primeira vez. Unha vella tradición que se iniciou nos anos 70 do século pasado e que continuamos hoxe en OC. Porque a nós tamén nos fai ilusión abrir fiestras.

Ven cando queiras. Pásate polo noso café ou, se non tes tempo, séguenos nas nosas redes sociais. Vémonos axiña!

 

 

 

Gústache esta publicación? Compártea cos demais!

Suscríbete ao noso boletín

Collect visitor’s submissions and store it directly in your Elementor account, or integrate your favorite marketing & CRM tools.