Pancho R. Tristán

SOCIO DIRECTOR

Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Master en Digital Business Management (EAE), Postgrado en Marketing Online (EAE). Tamén completei o Programa de Desenvolvemento de Liderazgo de ESADE.

Primeiro fun xornalista; contando historias na revista Tempos Novos, El Mundo, Estrella Digital, El Cultural, anos despois Público… Gañei un Premio de Periodismo Julio Camba en 2002, o mesmo ano no que comecei a traballar en comunicación corporativa e márketing da man de Unión Fenosa.

Con Fenosa traballei en República Dominicana primeiro e en Colombia despois. Viviría 10 anos no Caribe, onde tamén fun consultor para o Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento -UNDP, polas súas siglas en inglés-. Logo xestionaría a campaña online dun dos candidatos á Presidencia de Colombia (2010). Despois pasei 7 anos dirixindo a comunicación de Ence no norte de España

Dende 2017 colaborei en proxectos con empresas coma Ganaín, Adolfo Domínguez, Torre de Núñez, Clínicas Gaias, Nordesía Produccións, Auditorio Mar de Vigo, Viza Automoción, ou Galician Original Drinks…

Gústame camiñar polas mañás, escribir, descubrir… Tamén explorar novas formas de escoitar e de contar. O deseño, a imaxe, a fotografía. A tecnoloxía. A música. A amistade. E acordar fronte ao mar á hora do mencer.