Cargando

O soporte axeitado para cada proposta dos nosos clientes. Segmentación das ferramentas por públicos.

O Auditorio Mar de Vigo ten o patio de butacas nunha soa sala máis grande de Galicia: máis de 1.400 localidades. Programa espectáculos moi diferentes: humor, infantil, música clásica, instrumental, novos artistas… Deseñamos unha mini-campaña por cada un dos espectáculos a partir do seu perfil de público. Publicidade en redes, prensa, radio, banners nos principais medios online, publicidade exterior,…   

Dos auditorios e os teatros de Galicia, o Auditorio Mar de Vigo é o que conta con máis seguidores en redes sociais. E as súas páxinas de Facebook e Instagram son, dende abril de 2019, ferramentas comerciais ademais de seren importantes ferramentas de comunicación co seu mercado.

Hoxendía, as publicación das redes sociais do #Marde, coma xa o denomina a xente máis nova en Vigo, suman máis de 330.000 impresións cada mes que lle chegan a máis de 90.000 persoas de xeito orgánico ou coma publicidade pagada.

Campañas específicas para zonas xeográficas determinadas -atracción de público de Portugal, por exemplo-, vendas directas de entradas dende Facebook, integración das redes sociais coa billeteira electrónica.

¿Queres saber máis? Envía dende aquí a túa consulta. Fali clique agora.

OS DETALLES DO PROXECTO

CLIENTE

Auditorio Mar de Vigo

Data

Nadal 2019