Comunicación Interna empregando Vídeo 3D. Formación en Vida Saudable a través das pantallas da empresa.
O cliente solicítanos un vídeo que sirva para formar ao equipo dunha gran empresa en hábitos de vida saudable. O vídeo será difundido a través das pantallas de comunicación interna da empresa. Por tanto, non terá son.
O 3D é a solución máis axeitada. Permite desenvolver relatos complexos, ou amosar detalles en imaxe que serían practicamente imposibles de incorporar a un vídeo tradicional en 2D.
Asumimos a investigación, redacción do guión, storyboard, deseño de personaxes, animación e montaxe. ORESTES Comunica ten un sistema propio de desenvolvemento 3D que permite desenvolver este tipo de proxectos a prezos moi competitivos.
¿Queres saber máis? Envía dende aquí a túa consulta. Fali clique agora.