Son tempos complicados. Para todas as actividades comerciais e industriais. E seguramente as cousas non melloren moito nun futuro próximo. Pero hai que seguir en pé. Onde sempre e en novos lugares. Para chegar aos clientes, que seguen aí, ao outro lado, agardando polas nosas novas.

En OC somos conscientes das dificultades e dos retos que hai por diante. Por iso queremos acompañarvos nestes momentos. O noso novo pack de consultoría e presenza dixital inclúe asesoramento gratuito inicial e sen compromiso e un conxunto de servizos e ferramentas para relanzar a interacción cos clientes, potenciar a túa marca online e convertir a rede nunha nova ventá de oportunidade.

Son tempos complicados, pero non podemos parar. OC inclúe neste servizo os seguintes módulos:

  • SEN CUSTE: asesoramento e toma de requisitos sen compromiso para avaliación da situación da presenza online e das medidas necesarias para tomar no curto prazo
  • servizo de auditoría da web e proposta de melloras
  • realización das melloras técnicas e de contidos na web ou creación da páxina dende cero
  • catálogos e tenda online
  • newsletter para clientes actuais ou futuros
  • realización de vídeos e fotografías para a web e o catálogo
  • creación e mantemento de contidos para as canles electrónicas
  • consultoría de axudas públicas para a dixitalización
  • consultoría sobre novos mercados e internacionalización
  • servizo de creación e mantemento de redes sociais co obxectivo de xerar coñecemento de marca e atraer tráfico convertible en oportunidades de venta
  • servizo de publicidade programática en redes sociais
  • servizo de traducción de contidos da web, das redes sociais e materiais comerciais para chegar a novos públicos e multiplicar os impactos
  • servizo de comunicación corporativa: dossieres, presentacións, renovación de imaxe de marca, notas de prensa, etc.
  • Desenvolvemento ou actualización de apps para móbiles

Contacta con OC a través do correo electrónico info@orestescomunica.com para personalizar as túas necesidades nun proxecto de futuro que tamén se adapte ás túas circunstancias presentes. Queremos acompañarte, especialmente agora. Xa estamos saíndo.