🕰️ O proxecto A Historia das historias do Reino de Galicia busca achegarse á historia do Reino de Galicia, facendo un repaso dos escritos dende o S. XVI ata a actualidade, conectando as diferentes ideas publicadas ao redor do Reino de Galicia.
Con vocación divulgadora, a páxina é o resultado dunha investigación que contextualiza histórica, política e culturalmente os textos investigados e analiza as súas autorías, tamén aquelas construídas pola historia. Entre elas, nomes como Manuel Murguía, Vicente Risco, Ramón Vilar Ponte, Justo Beramendi ou Ramón Villares.
Incorpora, así mesmo, o estudo do papel das mulleres na conformación e evolución do Reino de Galicia, conectando as diferentes ideas publicadas sobre este período histórico para permitirnos esculcar as súas rupturas e continuidades.
Se queres saber máis, accede á páxina web facendo clic neste enlace: https://lnkd.in/duFpi8bX 📲