Algún amante da escultura? 🗿🏛️
Ten unha experiencia única percorrendo a exposición Acisclo Manzano e descubrindo a traxectoria artística do escultor galego a través das súas obras máis significativas e do contido audiovisual explicativo do artista.
Esta exposición comeza cos traballos en madeira dos anos sesenta, e remata coas súas obras máis actuais. En total, 70 pezas procedentes de coleccións particulares de toda Galicia, tamén do propio artista, e da Colección ABANCA, Colección Afundación, Colección USC, Parlamento de Galicia, Deputación de Ourense e Museo Quiñones de León.
🕹️ Non dubides e preme na ligazón para acceder á experiencia virtual: https://lnkd.in/dBAtnZ7H