Sabemos que as primeiras impresións o son todo. Polo tanto, non hai nada mellor que poder visitar un hotel antes de aloxarse nel. Coas experiencias virtuais, convidámoste a coñecer a experiencia en detalle, cada recuncho e todos os servizos que ofrece o hotel.
🏨 Hoxe traémosvos como exemplo o percorrido do Hotel Galicia Palace, un hotel perfecto dende o que descubrir non só os encantos da cidade de Pontevedra, senón os de todas as Rías Baixas.
📍Comeza o percorrido dando un paseo polos arredores. Descubre a contorna do hotel, o seu aspecto desde fóra e todos os servizos que ten nas proximidades. Despois, entra no hotel e explora todo o que ofrece: as súas habitacións e salóns, e ata o comedor ou o aparcadoiro.