percorridos virtuais
Realidade inmersiva,
o novo xeito de amosar o mellor
do teu negocio
Experimenta a inmersión. Percorridos virtuais con contidos enriquecidos.
Percorridos virtuais de vangarda
Agora os teus públicos, os teus clientes, poden percorrer a túa oferta dende a súa casa. E queren facelo. Por iso en Orestes Comunica traballamos para darche a mellor solución. Convídaos a que fagan un percorrido virtual polo teu negocio. Que te visiten dende as súas casas. Incorpora vídeos explicativos, arquivos de audio, documentos, ou enlaces ao carriño da compra.
Amósalles o mellor da túa oferta. E que comece a inmersión.
Percorridos virtuais de vangarda
Agora os teus públicos, os teus clientes, poden percorrer a túa oferta dende a súa casa. E queren facelo. Convídaos a que fagan un percorrido virtual polo teu negocio. Que te visiten dende as súas casas.
Incorpora vídeos explicativos, arquivos de audio, documentos, ou enlaces ao carriño da compra.
Amósalles o mellor da túa oferta. E que comece a inmersión.
Solicita orzamento para os teus percorridos virtuais.
Qué sectores apostan xa pola realidade inmersiva?
Museos, galerías,...
O sector cultural está na vangarda. Museos, patrimonio, salas de arte e exposicións... xa apostan por crear un novo punto de encontro cos seus públicos a través dos percorridos virtuais.
Pequeno comercio
Sabes mellor ca ninguén que os teus clientes te valoran pola calidade do teu produto. Pola túa oferta diferenzada. Amósao. Atrae máis clientes. Vende online.
Sector inmobiliario
Agora, a primeira visita é virtual. E a seguinte é con clientes que xa saben qué é o que lles interesa, qué é o que lles vas amosar. Os percorridos virtuais son a tecnoloxía emerxente máis importante en márketing inmobiliario.
Hostelería e turismo
Porque a todos nos gusta preparar as nosas viaxes. Coñecer o sitio no que imos desfrutar do noso tempo. Deixa que os teus futuros clientes percorran o teu establecemento e decidan que alí é onde queren quedar.
Industria
Re-deseño de espazos de traballo, proxectos de re-layout... As nosas ferramentas de realidade inmersiva permiten tomar medidas directamente sobre a imaxe, xerar planos... Unha nova forma de traballar co espazo.
Concesionarios / Automoción
Permitalle aos seus clientes que entren nos seus vehiculos. Ou que percorran o seu concesionario. Axúdelles a que cheguen a buscar o seu vehículo preferido co modelo xa elixido. Novas formas de relación para clientes do século XXI.
Qué sectores apostan xa pola realidade inmersiva?
Museos, galerías,...
Pequeno comercio
Sector inmobiliario
Hostelería e turismo
Industria
Automoción
Traballamos con tecnoloxía Matteport®, a número un no mundo por prestacións en percorridos virtuais.
Somos pioneiros.
Súmate á inmersión.
Traballamos con tecnoloxía Matteport®, a número un por prestacións en percorridos virtuais.
Pioneiros en Galicia.
Súmate á inmersión.