Boutique de comunicación e márketing · Pontevedra, desde 2019
Axudamos a empresas, institucións e organizacións a comunicar con claridade, fortalecer a súa reputación e construír confianza. Deseñamos estratexias de comunicación adaptadas a cada proxecto para que a túa organización e a túa mensaxe cheguen onde realmente importa.

Quen somos
Nacemos en Pontevedra en 2019. Somos un equipo reducido que traballa man a man cun número limitado de clientes: institucións, empresas e proxectos culturais de toda Galicia.
Desenvolvemos proxectos para acadar os teus obxectivos. O coidado do relato, do deseño, da redacción, ou a solidez técnica dos desenvolvementos de software están sempre na base de cada servizo que prestamos.
Gústanos aprender dos que o fan ben. Dos que estiveron antes ca nós. E do que está por vir. Desenvolver sistemas e métodos propios. Para xerar formas diferentes de chamar a atención dos teus públicos.
Clientes
En Orestes Comunica entendemos que o cliente é unha parte fundamental do que facemos. Escoitamos, aprendemos e compartimos a túa forma de facer.












O que facemos
Deseñamos estratexias de comunicación adaptadas á realidade de cada cliente para conectar con cada unha das súas audiencias (empregados, clientes, prensa…).
Xeramos a túa identidade dixital de 0 a 100. Dende unha web, a ter presenza nas redes sociais, unha tenda online, ou a xestión da facturación online do teu evento. Todo cun obxectivo claro: contar, conectar e vender.
Hai proxectos que non se explican. Vívense. Creamos experiencias inmersivas e solucións dixitais que permiten descubrir espazos, produtos e historias dunha forma diferente.
01 · Servizo
Estratexia, comunicación e acompañamento para que a túa organización saiba que dicir, como dicilo e onde estar.
Deseñamos estratexias de comunicación adaptadas á realidade de cada cliente para conectar con cada un dos seus públicos.
Creamos estratexias de contido específicas para os teus equipos, para impulsar a cultura empresarial necesaria para lograr os teus obxectivos.
Elaboramos un plan para estar alí onde precisas: nos medios de comunicación, cos teus clientes ou coas institucións e a sociedade da túa contorna. Queremos que a túa historia chegue onde ten que chegar.
Deseñamos e acompañamos eventos para crear encontros relevantes nos que fortalecer os vínculos coa túa contorna.
Tanto ten se é a través de xornais de papel, reunións multitudinarias, creadores de contido, redes sociais ou un café coa persoa axeitada no lugar preciso. Pensamos e creamos a túa estratexia en todos os formatos.
Relación con medios
Identificamos oportunidades, construímos relacións cos medios e facemos que as historias que importan cheguen onde deben chegar.

02 · Servizo
Estratexia, creatividade e contido para que a experiencia dixital da túa empresa sexa igual, ou mellor, que a que teñen os teus clientes en persoa.
O teu espazo dixital e o relato para seguir avanzando no teu negocio.
O noso obxectivo é sempre o mesmo: axudarte a vender máis.
Novas formas de contar para que a túa historia chegue onde queiras.
Visibilidade de xeito orgánico e a través de campañas.
Xestionamos a venda e a facturación online do teu evento.
Programa de axudas para a dixitalización de pequenas empresas e autónomos.
“Á túa escala: adaptámonos ao momento, aos recursos e aos obxectivos de cada proxecto.”

03 · Servizo
Hai proxectos que non se explican. Vívense. Creamos experiencias inmersivas e solucións dixitais que permiten descubrir espazos, produtos e historias desde calquera lugar.
Percorre os espazos libremente, sen estar fisicamente neles.
Achega os teus espazos a novos públicos desde calquera dispositivo.
Cada persoa explora o espazo e os seus puntos de interese.
Unha experiencia que axuda a comunicar e deixar pegada.
Ao teu xeito
Percorrido virtual · 2023
Cartagena de Indias (Colombia). Máis de 400 pezas históricas, maquetas e contidos en vídeo, audio e texto, accesibles desde calquera lugar.

Percorrido virtual · Exposición
Tour virtual dunha exposición nun mosteiro: o espazo e os seus contidos, abertos a quen non pode visitalo en persoa.
Quen está detrás

Socio director
Primeiro fun xornalista. Nunca deixarei de selo. Dende hai case 20 anos, traballo en comunicación corporativa e márketing. Outra forma de contar. Gústame camiñar polas mañás, escribir, descubrir, o deseño, a imaxe, a fotografía. A tecnoloxía. A música. Aprender. E acordar fronte ao mar.

Socio director
Traballei en medios de comunicación e empresas tecnolóxicas durante máis de vintecinco anos. Actualmente son o director xeral do Dominio PuntoGal e profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Cando teño tempo libre, viaxo. E leo libros de historia. Luces longas e mirando cara adiante.

Directora de contas asociada
Son xornalista e saída do forno formeime no mundo da empresa. Traballo en comunicación corporativa dende hai dez anos e eses dous mundos nunca deixaron de entrelazarse. Gústame anticiparme, planear e contar. A música. E sentarme na praia a ler.
Tes algo que queres contar e non sabes como? Un novo proxecto entre mans? Cóntanolo.
© 2026 Orestes Comunica SL · Boutique de Comunicación e Márketing. Todos os dereitos reservados.