En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (LSSI), informámoste de que o sitio web www.orestescomunica.com (o «Sitio Web») é titularidade de ORESTES COMUNICA SL, con CIF B94192531 e domicilio na rúa de San Sebastián, 22, 36002 Pontevedra.
Podes obter máis información sobre ORESTES COMUNICA SL no apartado «Sobre nós» do Sitio Web ou escribindo a info@orestescomunica.com.
Este documento recolle o aviso legal e as condicións de uso do Sitio Web. O acceso e o uso do Sitio Web implican que a persoa usuaria (o «Usuario») acepta plenamente estes termos. Recomendámosche lelos cada vez que accedas, xa que poden modificarse.
O Usuario comprométese a non utilizar o Sitio Web con fins fraudulentos nin a realizar condutas que poidan prexudicar a imaxe, os intereses ou os dereitos de ORESTES COMUNICA SL ou de terceiros, nin a danar, inutilizar ou sobrecargar o Sitio Web ou impedir o seu normal funcionamento.
En caso de incumprimento deste Aviso Legal, da Política de Privacidade ou de calquera outra condición do Sitio Web, ORESTES COMUNICA SL resérvase o dereito de limitar, suspender ou cancelar o acceso do Usuario, adoptando as medidas técnicas necesarias. Poderá facelo tamén cando sospeite razoablemente dun incumprimento.
ORESTES COMUNICA SL resérvase o dereito de decidir en todo momento a continuidade dos servizos prestados a través do Sitio Web.
Os dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre o Sitio Web —incluídos a ordenación dos seus contidos, as bases de datos, o deseño gráfico e a interface (look & feel), os programas informáticos e os distintos elementos que o compoñen (textos, gráficos, fotografías, vídeos, gravacións sonoras etc.)— correspóndenlle a ORESTES COMUNICA SL ou aos seus licenciantes, do mesmo xeito que as marcas e os nomes comerciais que nel aparecen.
O uso do Sitio Web non supón a cesión de ningún destes dereitos. Agás que a lei o permita ou exista autorización previa de ORESTES COMUNICA SL, queda prohibida a reprodución, transformación, distribución, comunicación pública, posta á disposición, extracción ou reutilización do Sitio Web, dos seus contidos ou dos seus signos distintivos.
ORESTES COMUNICA SL concédelle ao Usuario unha autorización non exclusiva, de ámbito mundial e durante o período de vixencia dos dereitos, para utilizar o Sitio Web conforme a este documento, e resérvase o dereito de modificar en calquera momento e sen aviso previo a súa presentación e configuración.
O Sitio Web pode incluír ligazóns a outros sitios web (os «Sitios Ligados»). Nestes casos, ORESTES COMUNICA SL actúa como prestador de servizos de intermediación, conforme ao artigo 17 da LSSI, e non será responsable dos servizos e contidos dos Sitios Ligados, agás que teña coñecemento efectivo da súa ilicitude e non desactive a ligazón coa dilixencia debida.
A existencia de Sitios Ligados non implica recomendación, promoción nin conformidade de ORESTES COMUNICA SL cos seus contidos ou servizos. O acceso a eles realízase baixo a responsabilidade do Usuario, que debe revisar as súas condicións de uso e políticas de privacidade.
Se consideras que algún Sitio Ligado ten contidos ilícitos ou inadecuados, podes comunicalo a info@orestescomunica.com. Esta comunicación non obriga a retirar a ligazón nin supón coñecemento efectivo da ilicitude para os efectos da normativa vixente.
Se tes coñecemento de que algún contido do Sitio Web é ilícito, lesivo de dereitos de terceiros ou contrario a este Aviso Legal, podes comunicarllo a ORESTES COMUNICA SL indicando:
A recepción desta comunicación non supón, conforme á LSSI, coñecemento efectivo das actividades ou contidos sinalados cando non sexan evidentes. En todo caso, ORESTES COMUNICA SL resérvase o dereito de suspender ou retirar contidos contrarios a este Aviso Legal, ponderando os dereitos en conflito.
As comunicacións a través de redes abertas están expostas a ameazas que as fan inseguras. Correspóndelle ao Usuario adoptar as medidas técnicas adecuadas, como dispor de sistemas actualizados de detección de software malicioso e dos parches de seguridade do seu navegador. Na máxima medida permitida pola lei, ORESTES COMUNICA SL non se fai responsable dos danos derivados dos riscos inherentes ao medio empregado nin de vulnerabilidades nos sistemas do Usuario.
Aínda que adoptou as medidas de seguridade adecuadas, ORESTES COMUNICA SL non pode garantir a total seguridade dos seus sistemas. Só responderá dos danos causados directamente por dolo ou neglixencia grave pola súa parte e, en particular, non será responsable de:
O tratamento dos datos persoais dos Usuarios regúlase na Política de Privacidade.
Conforme ao artigo 3 da LSSI, os servizos que ORESTES COMUNICA SL presta a través do Sitio Web rexeranse pola lexislación española. Se algunha disposición deste Aviso Legal fose declarada nula, retirarase ou substituirase, sen que iso afecte ao resto das disposicións.
© 2026 Orestes Comunica SL · Boutique de Comunicación e Márketing. Todos os dereitos reservados.