Que pasa cando non poden visitarte? Que non entran, non preguntan, non compran. Perdes clientes e cartos. A solución: os tours virtuais. Dende calquera lugar e en calquera momento, sempre dispoñible. Porque cando a túa empresa pecha, os teus clientes abren outra pestana.

PASOS

1. Escaneo

Escaneamos o espacio cunha cámara Matterport dende diferentes puntos para obter unha copia idéntica en dixital.

2. Subida

Subimos o arquivo á plataforma oficial da cámara para que configure, mediante todas as imaxes tomadas, a réplica dixital.

3. Edición

Engadimos os elementos necesarios en función do percorrido, como son carteles, videos, imaxes, audios… Utilizamos diferentes capas de software para lograr o mellor resultado.

4. Amosar

Engadimos mediante unha ligazón o tour completo, ben sexa na propia páxina web do cliente ou nunha nova.