Kit Dixital: elixir axente dixitalizador, asinar o contrato, o acordo… así é

Unha vez confirmada positivamente a solicitude de subvención do Kit Dixital, a persoa ou empresa beneficiaria debe elixir un axente dixitalizador. Resulta tan sinxelo coma elixir un ou varios dos que AceleraPyme inclúe no seu catálogo de dixitalizadores. Alí atoparás as empresas que poden prestare servizos con cargo ao Kit Dixital. E entrar en contacto con elas, coñecelas, solicitar orzamentos…

Nós sempre recomendaremos, coma axente dixitalizador do Kit Dixital, a Orestes Comunica, claro. Pero se nos piden un consello sobre cómo elixir entre as moitas e boas diferentes opcións existentes, témolo claro: aproveita o Kit Dixital para traballar quen entende a páxina web, ou as redes socias, coma unha ferramenta ao servizo do teu negocio. Calquera das solucións dixitais que vaias a escoller debe ser pensada de acordo á túa estratexia e aos obxectivos do teu negocio. E así maximizarás o seu rendemento.

Primeiro orzamento, contrato e acordo. E a traballar…

Seleccionado o axente dixitalizador, as bases do Kit Dixital establecen dous pasos para iniciar o proceso de traballo: 

  • Sinatura de orzamento e de contrato. O teu axente dixitalizador deberá enviarche un orzamento e unha proposta de contrato. Lembra que podes gastar o teu bono do kit dixital entre as diferentes solucións dixitais apoiadas polo programa. E que podes facelo cun só ou varios axentes dixitalizadores. Ou sexa: podes facer unha web co axente dixitalizador A, escoller para as redes sociais ao axente dixitalizador B, e seleccionar para as melloras na xestión de clientes ao axente Z.
  • Logo chega a sinatura do acordo no teu panel. O teu axente dixitalizador deberá acceder á plataforma de tramitación do programa Kit Dixital e, escollendo de entre os campos do formulario pre-existente, elaborar a proposta de acordo para ti. Trátase dun formulario con pouco nivel de detalle, así que asegúrate de deixar ben claros, no contrato e/ou na oferta anteriores, as especificacións acordadas co teu axente dixitalizador para a solución dixital contratada. O teu axente cumpriméntao e envíacho para a túa sinatura.
  • Só unha vez que ti asines o acordo no teu panel do Kit Dixital, poderá asinalo o teu axente dixitalizador. Logo, nun procedemento administrativo electrónico habitualmente rápido, o acordo quedará validado automaticamente pola Administración. Ti e máis o teu axente dixitalizador, que ben podería ser Orestes Comunica. claro, xa poderedes traballar na solución ou solucións acordadas. E aproveitar as axudas do Kit Dixital para avanzar na modernización, na dixitalización, da túa empresa. 

Gústache esta publicación? Compártea cos demais!

Suscríbete ao noso boletín

Collect visitor’s submissions and store it directly in your Elementor account, or integrate your favorite marketing & CRM tools.