Proxectos locais, negocios globais

A boa noticia é que xa queda menos. A economía volverá a poñerse en marcha. Abrirán os negocios e os clientes seguirán necesitando productos e servizos. A mala noticia, sempre hai algunha, é que o camiño vai ser longo, complicado, descoñecido.

Do que non hai dúbida é que o futuro, o presente inmediato, será online. Todos os procesos de dixitalización deberán acelerarse. Máis que nunca, estar na rede marcará a diferenza entre o éxito e o fracaso.

A creación do maior número posible de oportunidades será determinante. Se imos apostar polas TIC, non chega con comunicarnos coa nosa veciñanza máis próxima. Podemos ser locais, pero debemos ser tamén globais. O noso valor engadido será igualmente útil e necesario a centos, a miles de quilométros. Xa que estamos na rede, abramos todas as portas.

En OC queremos acompañarvos, como aliados, neste camiño. O noso equipo conta con experiencia en proxectos de tradución e localización nas linguas máis utilizadas, con persoal especializado en linguaxes técnicas. Para a web, a newsletter, os catálogos online, a presenza en ferias, a comunicación corporativa ou a consecución de oportunidades nas redes sociais.

Igualmente, dispoñemos de consultores con coñecementos en procesos de internacionalización, apertura de novos mercados, asesoría para participación en feiras e congresos e, non menos importante, na xestión e recomendación de axudas para acometer este proceso con todos os apoios dispoñibles.

Gústanos a comunicación. Gústanos a globalidade. Gústanos que chegues lonxe co teu proxecto. Falemos!

 

Leave a Reply