Somos comunicación. Somos a túa axencia. Dende hai máis de 2o anos, o equipo de Orestes Comunica desenvolveu estratexias de comunicación en España e América Latina e o Caribe. Traballamos con grandes compañías do sector enerxético, educativo, forestal… E tamén con pemes e micropemes. Porque a nosa empresa é comunicar a túa empresa cos seus públicos.
Áreas de traballo
Estratexia
A comunicación comeza pola estratexia. E a estratexia debe partir dos obxectivos do teu negocio. Traballamos en equipo contigo para definir os obxectivos de comunicación e o plan de acción. Todo comunica. A estexia de comunicación organiza o todo.
Contidos
Dende unha newsletter, a notas de prensa, dossieres, presentacións, publicacións corporativas… Creamos contidos: redacción de textos, contidos de audio, vídeo, e mesmo experiencias inmersivas a partir de tours virtuais. Somos un motor creativo.
Relacións
A túa empresa ten relacións con outras do seu sector, con provedores, veciñas e veciños, administracións… Axúdamosche a xerar relacións a partir de proxectos de comunicación, eventos, contidos… As relacións suman.
Usamos cookies para asegurarnos de que che ofrezamos a mellor experiencia no noso sitio web. Se continúas usando este sitio, asumiremos que estás satisfeito con isto.Aceptar