Os primeiros dos obxectivos que o equipo de de Orestes Comunica ten cada día é o de ser feliz traballando. Máis ca unha empresa, somos un motor creativo. E poñemos esa creativadade, sempre, ao servizo dunha estratexia.
Cada decisión técnica, ou de programación web, ou de deseño, debe axudar a cumprir un obxectivo. Cada proposta de campaña. Cada coma dunha nota de prensa.
E axudarche a acadar os teus obxectivos e os da túa empresa.
SOCIO DIRECTOR
Traballei en medios de comunicación e empresas tecnolóxicas durante máis de vintecinco anos. Actualmente son o director Xeral do Dominio PuntoGal e profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Cando teño tempo libre, viaxo. E leo libros de historia. Luces longas e mirando cara adiante.
SOCIO DIRECTOR
Primeiro fun xornalista. Nunca deixarei de selo. Dende hai case 20 anos, traballo en comunicación corporativa e márketing. Outra forma de contar. Gústame camiñar polas mañás, escribir, descubrir, o deseño, a imaxe, a fotografía. A tecnoloxía. A música. Aprender. E acordar fronte ao mar.
CONTAS E CONTIDOS
Estudiei Publicidade e Relacións Públicas en Pontevedra e especialiceime cun Mestrado en Dirección de Arte Publicitaria. Dedico o meu tempo libre a mergullarme en historias de amor e mundos de fantasía, xa que non hai mellor forma de escapar deste mundo que a través dos libros.
VIDEÓGRAFA
Gústame darlle forma a historias, por iso estudei Audiovisuais e Multimedia. Para transformar ideas en experiencias visuais,e crear mundos que falen por si mesmos.
DESEÑADORA GRÁFICA
Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e con moitas ganas de seguir aprendendo. Amante do deporte en todas as súas formas, de viaxar e de vivir novas experiencias. A música inspírame e a escritura é a miña vía de escape.
DESENVOLVEMENTO WEB
SEO / WEB / REDES
Logo de 20 anos traballando con grandes empresas en España e América Latina e o Caribe, en 2019 fundamos Orestes Comunica. Porque sabemos do valor de contar. Do que contas. De que contes.
Comunicas, comunicamos, facemos campañas, ou desenvolvemos sitios web para acadar obxectivos. O coidado do relato, do deseño, da redacción, ou a solidez técnica dos desenvolvementos de software, están sempre na base de cada servizo que prestamos.
Gústanos aprender dos máis novos. Das máis novas. Dos que estiveron antes ca nós. Desenvolver sistemas e métodos propios. Para xerar formas diferentes de chamar a atención dos teus públicos. Ou para xerar experiencias virtuais a partir do escaneo de museos, por exemplo.