Tour virtual do Hotel Galicia Palace: pasos adiante en usabilidade

No tour virtual do Hotel Galicia Palace de Pontevedra incorporamos avances en usabilidade a partir dos melloras presentadas nos últimos meses polas empresas de desenvolvemento de software de edición para percorridos 3D. O xemelgo dixital foi feito para a nova páxina web do hotel. Realice o percorrido virtual premendo aquí.

Para desenvolver o proxecto, escaneamos en 3D máis de 700 puntos das instalacións do establecemento. Sobre a dixitalización das partes obxectivo do edificio, e traballando da man da directora do Hotel Galicia Palace, Patricia Sierra, e o seu equipo, incorporamos dixitalmente sobre elementos físicos do edificio previamente escaneados, elementos de sinalización que funcionan coma accesos directos para facilitarlles aos visitantes os desprazamentos. Tamén engadimos sinalización e enlaces que permiten ampliar información sobre as posibilidades dos espazos para exentos.

 

Como resultado, dende o mesmo inicio do percorrido a persoa que fai o tour pode optar por desprazarse polo establecemento coma se estivese camiñando por el ou ben pode acceder directamente a un punto do seu interese: o andar dos devanditos salóns para eventos, por exemplo. Ou pode entrar e saír dos cuartos premendo en sinais virtuais que convidan ao acceso nas entradas.

Incorporamos, mediante o menú, unha segunda capa de accesos directos aos diferentes tipos de habitacións, salóns, aparcadoiro… Todos os contidos poden consultarse en 3 idiomas: inglés, galego e español. O percorrido amósase no idioma por defecto do navegador. Ademais, e dende o menú, o usuario pode cambiar de idioma.

Os percorridos 3D ofrecen novas posibilidades para o marketing e a comunicación en diferentes sectores. No caso dos hoteis, engaden ás súas vantaxes a súa capacidade para atraer o interese das persoas dende os buscadores: a inclusión dos percorridos en Google Maps xera un alto nivel de visibilidade. Trátase dun valor engadido que dende Orestes Comunica xa medíramos en proxectos anteriores e que volve confirmarnos o proxecto de tour virtual do Hotel Galicia Palace.

Orestes Comunica é axente dixitalizador. Traballamos co Kit Dixital dende A Coruña e Pontevedra para toda Galicia. Ponte en contacto con nós e axudarémosche.

Gústache esta publicación? Compártea cos demais!

Suscríbete ao noso boletín

Collect visitor’s submissions and store it directly in your Elementor account, or integrate your favorite marketing & CRM tools.